jueves, 8 de marzo de 2012
viernes, 24 de junio de 2011
FESTA FIN DE CURSO
Para celebrar o fin de curso, tivemos no noso cole a actuación do grupo MIGALLAS, que nos amenizou o derradeiro día coas súas cancións e bailes.
Ademáis, despois da actuación e logo dun curso no que os nosos "anaquiños de sol" traballaron moitísimo, chegou a hora da GRAN MERENDOLA final.
Tivemos a sorte de ter un día precioso de sol e, por iso o puidemos facer no noso parque, aproveitando para xogar todo o que puideron cos seus amigos e amigas do cole e despedirse ata setembro.
lunes, 13 de junio de 2011
RECUNCHO DON MOUCHO
Hola, aquí vai a solución á pregunta de "Don Moucho":
O óso máis pequeniño que temos no noso corpo é o ESTRIBO , mide apenas 2,5 mm. e está dentro do oído.
Aquí están os gañadores desta semana:
GABRIEL (4 Anos A)
LOIS (3 Anos A)
CARLOS (5 Anos B)
NORABOA A TODOS E MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!
E con isto, Don Moucho despídese ata o curso que ven, seguro que vai preparar moitas máis preguntiñas para facerlles a estes nenos e nenas tan listos que todo o adiviñan, pero mentres vai seguir coidando da nosa BIBLIOTECA e, seguro que espera que durante o verán todos leades moitos libros e contos.
¡ATA PRONTO DON MOUCHO!
lunes, 6 de junio de 2011
NOVA PREGUNTA DE "DON MOUCHO"
¿Cal é o óso máis pequeno que temos no esqueleto humano?
¿En que parte do corpo está?
SOLUCIÓN PREGUNTA DON MOUCHO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)