frases

viernes, 24 de junio de 2011

FESTA FIN DE CURSO

Para celebrar o fin de curso, tivemos no noso cole a actuación do grupo MIGALLAS, que nos amenizou o derradeiro día coas súas cancións e bailes.




Ademáis, despois da actuación e logo dun curso no que os nosos "anaquiños de sol" traballaron moitísimo, chegou a hora da GRAN MERENDOLA final.



Tivemos a sorte de ter un día precioso de sol e, por iso o puidemos facer no noso parque, aproveitando para xogar todo o que puideron cos seus amigos e amigas do cole e despedirse ata setembro.











lunes, 13 de junio de 2011

RECUNCHO DON MOUCHO


Hola, aquí vai a solución á pregunta de "Don Moucho":
O óso máis pequeniño que temos no noso corpo é o ESTRIBO , mide apenas 2,5 mm. e está dentro do oído.





Aquí están os gañadores desta semana:








GABRIEL (4 Anos A)
LOIS (3 Anos A)
CARLOS (5 Anos B)

NORABOA A TODOS E MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!


E con isto, Don Moucho despídese ata o curso que ven, seguro que vai preparar moitas máis preguntiñas para facerlles a estes nenos e nenas tan listos que todo o adiviñan, pero mentres vai seguir coidando da nosa BIBLIOTECA e, seguro que espera que durante o verán todos leades moitos libros e contos.


¡ATA PRONTO DON MOUCHO!

lunes, 6 de junio de 2011

NOVA PREGUNTA DE "DON MOUCHO"

¿Cal é o óso máis pequeno que temos no esqueleto humano?

¿En que parte do corpo está?

ÁNIMO, TODOS A BUSCAR A RESPOSTA






SOLUCIÓN PREGUNTA DON MOUCHO

Aquí ven a solución da pregunta da semana pasada.
O gato de Pinocho chámase FÍGARO.






Aquí están os gañadores desta semana:

YANIRA (3 Anos B)
GABRIEL (4 Anos B)
ÓSCAR (5 Anos A)

miércoles, 1 de junio de 2011

EXCURSIÓN AO ZOO DE VIGO

SOLUCIÓN PREGUNTA DON MOUCHO

Esta semana cun pouco de retraso, pola excursión ao teatro en Vigo, aquí temos a resposta ao Recuncho de Don Moucho.
Os mosquitos, aínda que moitos non o sabiamos, poden chegar a ter ata 47 dentes, increible, co pequeniños que son, pero así é. ¿Será por iso que nos pican tanto?



Aquí están os gañadores desta semana. Noraboa a todos por participar!


NATALIA (3 anos A)
AITOR (4 anos A)
PAULA (5 anos B)

Pero non esquezades que esta semana Don Moucho xa nos plantexou outra pregunta. Esta vai sobre contos:
¿Como se chama o gato de Pinocho?
¡Ánimo, todos a buscar a resposta que aínda quedan algúns premios!