frases

domingo, 10 de mayo de 2009

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Xa faltan moi poucos días para que se celebre o día das letras galegas. O 17 de maio é o Día das Letras Galegas, día no que se ten unha grande importancia todos os libros que están escritos en lingua galega, e polo tanto, os escritores que utilizan o galego para escribir. A primeira vez que se celebrou foi no ano 1963, data na que se cumplían 100 anos da publicación de Cantares Galegos, escrito por Rosalía de Castro. Grazas a ela celebramos este día.

Cada ano este día vai adicado a un escritor ou escritora, e no ano 2009 o homenaxeado é
Ramón Piñeiro.


Naceu en Lugo en 1915 e finou en 1990. Foi o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega. Entre as súas obras destacan: Lembrando a Castelao, Filosofía da saudade, entre outras.
Se queredes saber máis cousas visitade o seguinte enlace: letras galegas 2009 e tamén o seguinte blog .


Nós, en
ANACOS DE SOL, ímolo celebrar ao grande. Para iso escollemos unha serie de libros escritos en galego. Somos escritores e ilustradores dos contos que lemos en cada unha das clases. Estas son as portadas dos contos. Se queredes saber máis visitade cada un dos blog de Educación Infantil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario