Por fin este xoves poidemos celebrar a festa do MAGOSTO. Durante estes últimos días estivemos preparándonos para ela, facendo os vasiños onde levamos as castañas, aprendendo cancións, xogos, etc.
Mentres os maiores facían as fogueiras, nós xa tiñamos as nosas castañas listas para comer, grazas aos papis e mamis que as prepararon na casa antes de vir ao cole, así que todos nos sentamos para comelas todos xuntos. Despois cantamos e bailamos coa música que nos puxeron que nos encantou.
que boas fotos para ver como o pasan os pequenos no cole...dende hoxe alberto xa e seguidor deste blog,,seguiremos mirando as fotos e traballos que se poñan no blog..saudos
ResponderEliminarSon a tia de Ainoa Alvarez. encantada de ver como evoluciona a pequena e como se integra cos seus compañeiros.boa paxina ,continuaremos visitandovos, moitos saudos. felicitacions polo voso traballo.
ResponderEliminarMoitas grazas polos vosos comentarios, esperamos que este blog sexa un modo máis de contacto entre o cole e as familias e que os nenos e nenas disfruten con el.
ResponderEliminarUn saúdo das mestras de Infantil.