buscando froitas, pero tamén hortalizas e vexetais, é sen querer atopamos a obra dun pintor italiano renacentista chamado Guiseppe Archimboldo. E pensaredes todos, que ten de particular para que nós desde infantil non lembremos del ? Pois a resposta é bastante sinxela. Archimboldo pinta caras humanas feitas con froitas, hortalizas e raíces. O conxunto é sorprendente e moi imaxinativo. Imos a prestarlle especial atención a 4 cadros que representan cada unha das estacións do ano, feitas coas colleitas e froitas de cada estación do ano: a primavera, o verán, o outono e o inverno.
A PRIMAVERA
O retrato da primavera recolle os elementos máis representativos desta estación do ano: as flores e o verde das distintas follas.
O VERÁN
Este retrato foi feito empregando a gran variedade de froitas e vexetais propios desta época do ano: as cereixas, ameixas, allos, berenxenas, alcachofas, trigo...
O OUTONO
Se algo e identificativo do outono son as uvas, as castañas e os cogomelos. Ollade atentamente o cadro e descubrirédelos.
O INVERNO
E para rematar o inverno por ser a estación máis extrema aparece representada por un cañoto, poucas follas e dous limóns.

No hay comentarios:
Publicar un comentario