frases

martes, 21 de abril de 2009

HOXE TOCA FROITA

No noso cole temos un calendario de merendas. Hoxe martes todos os nenos e nenas tiñan que traer froita ao cole, coma todos os martes do ano. Para podelo comprobar o noso blog fixo unha visita por todas as clases que hai de infantil e atopou a seguinte macedonia. Esperamos que vos abra o apetito e aumente o consumo de froitas.
Moitas grazas a todos os papis e mamis que colaboran connosco.





Despois de merendar tan ben, merecían unha recompensa. Por iso, saímos ao recreo. Como todos xa sabedes o noso horario de recreo é de 11:10 a 11:45. A verdade, para todos os nenos e nenas é un dos mellores momentos da mañá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario