Como xa todos sabedes, o día 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro. Escóllese este día porque coincide coas do falecemente de dous escritores universais: Miguel de Cervantes e William Shakespeare.
Miguel de Cervantes é universalmente coñecido pola súa obra Don Quijote de la Mancha.
William Shakespeare escribiu Romeo e Xulieta e tamén Hamlet.
Miguel de Cervantes é universalmente coñecido pola súa obra Don Quijote de la Mancha.
William Shakespeare escribiu Romeo e Xulieta e tamén Hamlet.
E aínda que noutro día do mes de abril, nós ímonos a lembrar dun escritor moi importante de nenos coma foi Andersen. El escribiu contos como O soldaliño de chumbo, Polgariña, A raiña das neves.
Como se trata dunha conmemoración moi importante levamos uns días traballando nas clases en cousas que nos fan comprender e valorar a gran importancia que teñen os libros na nosa vida. Por iso, o pasado xoves, os nenos/as trouxeron o cole o seu conto preferido e contáronllo aos seus compañeiros. A continuación eles mesmos debuxaron esa portada do conto nun papel que agora atópase decorando o cole. Ademais algúns nenos tamén fixeron uns libros moi interesantes que lle van contar aos seus compañeiros. Permanecede atentos aos blogs de infantil e saberedes e veredes moitas cousas. De antemán, moitas grazas por colaborar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario