Como xa todos sabedes, na última semana do mes de maio, o alumnado de Educación Infantil estivo colaborando en pintar distintos elementos do mural: as montañas e as ondas do mar. Parecía unha misión case imposible, pero ao remate da semana pasada quedamos todos moi satisfeitos. Agora xa é traballo da profe Saínza (autora do debuxo) e dos maiores e os seus profes. Aos anacos de sol so nos queda esperar a que rematen e a presumir de ter feito entre todos un bo traballo. Non vos parece??