frases

lunes, 25 de mayo de 2009

domingo, 24 de mayo de 2009

TRABALLAMOS AO GRANDE


Todo o alumnado do cole está traballando en equipo na elaboración dun gran mural que adorne a parede de entrada do cole. Como non podía ser menos, os anacos de sol tamén están a colaborar neste traballo. O venres pola mañá comezaron os de 5 anos B e despois foron os de 3 anos B.
Para facer este traballo necesitamos:
1. Pintura bastante.
2. Un bo pincel.
3. Moita paciencia.

Isto so acaba de empezar.



martes, 19 de mayo de 2009

SAÍDA AO ZOO

Posted by Picasa

Se queredes a través de anacos de sol facer unha visita ao zoo e ir vendo os animais que hai, podédelo facer a través do noso enlace: ZOO DE VIGO.
Pero mentras chega o gran día e preparamos todo, que mellor que lembrar animais salvaxes que poden vivir no zoo e que son os protagonistas de películas moi, moi coñecidas. Botade unha ollada a estes dous vídeos e xa veredes como todos os anacos de sol os coñecemos, teñamos poucos ou moitos anos.



E para rematar un toque de orixinalidade.

lunes, 18 de mayo de 2009

HOXE FOMOS AO TEATRO

Coma xa todos sabedes, hoxe pola mañá os nenos e nenas de 4 e 5 anos fomos de excursión a Vigo a ver unha obra de teatro titulada La gallina churra. Todos os protagonistas da obra son animais que viven nunha granxa: galiña, parrulo, rato, paxaros e tamén aparece unha culebra.
Aínda que a calidade da imaxe non é moi boa, anacos de sol quere compartir convosco un anaco da obra para que a vexades na casa. Así o neno/a convertese en narrador/a da historia.

O noso amigo o sol sacoulle unhas fotos a todos os personaxes.



class="gl_bold"
Posted by Picasa

Ao remate da función fomos a Samil a merendar e a xogar. Se queredes ver fotos do ben que o pasamos teder que ir de visita a nubes de cores e a recuncho de estrelas.

viernes, 15 de mayo de 2009

FIN DE CELEBRACIÓN

Hoxe como fin de celebración do Día das Letras Galegas, á última hora da mañá, saímos ao patio do cole todos os nenos e nenas para ver voar un globo aerostático conmemorativo. Foi unha experiencia distinta e témoslle que dar as grazas ao señor Enrique pola súa colaboración e o seu traballo.





Aquí tedes un avance do que imos ver.

E mentras chega o día unha canción que ten coma protagonista a outra galiña.Esta sabémola todos.

miércoles, 13 de mayo de 2009

Posted by Picasa
Grazas a un anaco de sol que tamén foi de excursión ides coñecer a Granxa Kiriko e ollar tamén todos os animais que os nenos e nenas alí viron. Deste xeito participamos todos.



domingo, 10 de mayo de 2009

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Xa faltan moi poucos días para que se celebre o día das letras galegas. O 17 de maio é o Día das Letras Galegas, día no que se ten unha grande importancia todos os libros que están escritos en lingua galega, e polo tanto, os escritores que utilizan o galego para escribir. A primeira vez que se celebrou foi no ano 1963, data na que se cumplían 100 anos da publicación de Cantares Galegos, escrito por Rosalía de Castro. Grazas a ela celebramos este día.

Cada ano este día vai adicado a un escritor ou escritora, e no ano 2009 o homenaxeado é
Ramón Piñeiro.


Naceu en Lugo en 1915 e finou en 1990. Foi o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega. Entre as súas obras destacan: Lembrando a Castelao, Filosofía da saudade, entre outras.
Se queredes saber máis cousas visitade o seguinte enlace: letras galegas 2009 e tamén o seguinte blog .


Nós, en
ANACOS DE SOL, ímolo celebrar ao grande. Para iso escollemos unha serie de libros escritos en galego. Somos escritores e ilustradores dos contos que lemos en cada unha das clases. Estas son as portadas dos contos. Se queredes saber máis visitade cada un dos blog de Educación Infantil.

viernes, 8 de mayo de 2009

AS LETRAS GALEGAS NO NOSO COLE

Coma todos os anos o Equipo de Normalización Lingüística do noso cole propón un tema para traballar o Día das Letras Galegas. No 2009 o tema escollido foi algo moi representativo do noso entorno e coñecido por todos: O alfombrado paso a paso. Nós neste caso somos os autores do título que ilustra toda a exposición. Que mellor que mostrar unha foto para demostrar que é un traballo do que nos sentimos moi satisfeitos.



Mostra os distintos pasos que se seguen para a elaboración das alfombras de cores, nas que é necesario o traballo en común de moita xente.






jueves, 7 de mayo de 2009

SEMANA PREVIA

á celebración das letras galegas estamos coa semana de cine en galego. De que se trata? a actividade consiste en ofrecerlle aos nenos e nenas a proxección dunha película en galego. A película escollida este ano foi PÉREZ, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS.
A nosa sala de cine está na biblioteca do cole. Onte foron os de cinco anos, hoxe os de 4 anos e mañá os de 3.








Por certo, este é Pérez o protagonista da nosa película.

miércoles, 6 de mayo de 2009

MOI INTERESANTE

Á primavera de anacos de sol chegan de visita uns animaliños moi pequerechos. Si, eses pequenos seres que coa chegada da calor corretean e voan polos parques, xardín e que tamén nos veñen facer unha visita ao cole, ao noso patio... Fixádevos ben, seguro que algún atopades.
Mentras continuades a búsqueda aquí tedes unha nova versión do patito feo. Chámase o caracol feo, pero xa veredes que ao final non ten nada, nada, de feo. Despois falamos.


domingo, 3 de mayo de 2009

XA ESTAMOS EN MAIO

O mes de maio vainos traer moitas sorpresas a infantil. Polo de pronto e a modo de pista, este vídeo pódemos axudar a descubrir a nova unidade coa que imos comezar a traballar. Sodes capaces de adiviñalo?