frases

sábado, 20 de noviembre de 2010

O 20 de novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA co que se trata de concienciar a toda a sociedade dos Dereitos e Deberes dos nenos e nenas. Aquí tedes un vídeo para ilustrar esta celebración.



PSICOMOTRICIDADE COS MÁIS PEQUENOS













E, ao final un pouco de relaxación



domingo, 14 de noviembre de 2010

APRENDEMOS XOGANDO NA AULA DE INFORMÁTICA

Os nenos e nenas dos cursos de 4 anos comenzaron xa as súas clases de informática. Van supercontentos e aprenden moitas cousas xogando co rato.

4 ANOS A:












4 ANOS B







CREA O TEU MONSTRO

Cando celebramos a festa do SAMAÍN- HALLOWEEN, unha das actividades que fixemos foi propoñerlles aos nenos-as que crearan o seu monstro, é dicir, que inventaran monstros divertidos, que lles gustaran, e que meteran ¡MOITO MEEEEDOOO!. Aquí tedes unha mostra do divertido que foi o resultado das obras de arte que conseguiron facer os nosos artistas



domingo, 7 de noviembre de 2010

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Por fin este xoves poidemos celebrar a festa do MAGOSTO. Durante estes últimos días estivemos preparándonos para ela, facendo os vasiños onde levamos as castañas, aprendendo cancións, xogos, etc.
Mentres os maiores facían as fogueiras, nós xa tiñamos as nosas castañas listas para comer, grazas aos papis e mamis que as prepararon na casa antes de vir ao cole, así que todos nos sentamos para comelas todos xuntos. Despois cantamos e bailamos coa música que nos puxeron que nos encantou.


Ademáis este ano tivemos a sorte de que un dos premios do concurso "A CASTAÑA MÁIS GRANDE E A CASTAÑA MÁIS PEQUENA" tocoulle a unha das nosas nenas de Educación Infantil. En concreto, foi o da castaña máis pequena compartido con outra nena do cole.

A afortunada foi LAURA da clase de 4 ANOS B. ¡NORABOA!