frases

domingo, 29 de mayo de 2011

EXCURSIÓN TEATRO CAIXANOVA

O venres, os nenos e nenas de Ed. Infantil, 4 e 5 anos, tivemos unha moi divertida excursión. Primeiro asistimos a unha preciosa representación da obra de teatro "Guyi-Guyi" no teatro Caixanova en Vigo. Aquí tendes unha mostra da obra nun vídeo de youtube:




Ao saír, fumos merendar ao Parque de Castrelos, ademáis de disfrutar dos seus columpios. Chegamos un pouco cansos, pero a verdade é que mereceu a pena.









domingo, 22 de mayo de 2011

MOSTRA DE TEATRO "BOUZA BREY"

Con motivo da celebración do "DÍA DAS LETRAS GALEGAS", asistimos no noso cole, outro curso máis, á Semana do Teatro:

O xoves vimos a representación das mamis de 5 anos B, coa obra "Don Rato busca obreiro" e tamén a dos nenos e nenas de 2º B "Discovery Brey". Ademáis este día tivemos a visita dos nosos amigos e amigas do CRA A PICARAÑA, que estarán no noso cole o curso que ven.

O venres foron os nenos-as de 5 anos A con "A Ledicia dos Animais" e os de 2º D cunha bonita obra.

¡NORABOA A TODOS ESTES ACTORES E ACTRICES MARABILLOSOS!



SOLUCIÓN "RECUNCHO DON MOUCHO"

A última pregunta que nos fixo Don Moucho era ¿que sabor non poden percibir os gatos?. Pois ben, este sabor é o DOCE.




ESTES SON OS GAÑADORES:






NEREA (3 anos B)
MARTA (4 anos B)
ISABELLA (5 anos A)

domingo, 8 de mayo de 2011

SOLUCIÓN PREGUNTA "DON MOUCHO"






Esta semana Don Moucho lévanos de viaxe ata BARCELONA, xa que é nesta cidade onde está a rúa máis longa de España.
A solución concreta á pregunta é que a rúa máis longa de España é a GRAN VÍA DES CORTS, e aproximadamente mide 13 Kms.



¡MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR E NORABOA AOS GAÑADORES DESTA SEMANA!


ARIADNA (3 ANOS A)











ÉRICA (4 ANOS A)











ADRIÁN (5 ANOS B)







domingo, 1 de mayo de 2011

EXCURSIÓN A "O KIRIKO"

O martes, ao regreso das vacacións, os nenos e nenas de 5 anos fixemos unha visita á Granxa-Escola "O KIRIKO" en Fornelos de Montes. Foi un día estupendo, con moito sol, disfrutando dos animais, das diferentes actividades como facer de reposteiros, xogando cos nosos amigos e amigas ao aire libre...
Aquí tedes un exemplo en imáxenes do ben que o pasamos