frases

domingo, 26 de diciembre de 2010

sábado, 25 de diciembre de 2010

Esta é a árbore de Nadal dos profes do Bouza Brey

FESTIVAL DE NADAL



lunes, 20 de diciembre de 2010

Entre todos os preparativos das festas do NADAL, non nos demos conta de que xa está aquí O INVERNO. Aquí está un vídeo do conto do inverno con música de Vivaldi para darlle a benvida.


domingo, 12 de diciembre de 2010

sábado, 20 de noviembre de 2010

O 20 de novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA co que se trata de concienciar a toda a sociedade dos Dereitos e Deberes dos nenos e nenas. Aquí tedes un vídeo para ilustrar esta celebración.



PSICOMOTRICIDADE COS MÁIS PEQUENOS













E, ao final un pouco de relaxación



domingo, 14 de noviembre de 2010

APRENDEMOS XOGANDO NA AULA DE INFORMÁTICA

Os nenos e nenas dos cursos de 4 anos comenzaron xa as súas clases de informática. Van supercontentos e aprenden moitas cousas xogando co rato.

4 ANOS A:












4 ANOS B







CREA O TEU MONSTRO

Cando celebramos a festa do SAMAÍN- HALLOWEEN, unha das actividades que fixemos foi propoñerlles aos nenos-as que crearan o seu monstro, é dicir, que inventaran monstros divertidos, que lles gustaran, e que meteran ¡MOITO MEEEEDOOO!. Aquí tedes unha mostra do divertido que foi o resultado das obras de arte que conseguiron facer os nosos artistas



domingo, 7 de noviembre de 2010

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Por fin este xoves poidemos celebrar a festa do MAGOSTO. Durante estes últimos días estivemos preparándonos para ela, facendo os vasiños onde levamos as castañas, aprendendo cancións, xogos, etc.
Mentres os maiores facían as fogueiras, nós xa tiñamos as nosas castañas listas para comer, grazas aos papis e mamis que as prepararon na casa antes de vir ao cole, así que todos nos sentamos para comelas todos xuntos. Despois cantamos e bailamos coa música que nos puxeron que nos encantou.


Ademáis este ano tivemos a sorte de que un dos premios do concurso "A CASTAÑA MÁIS GRANDE E A CASTAÑA MÁIS PEQUENA" tocoulle a unha das nosas nenas de Educación Infantil. En concreto, foi o da castaña máis pequena compartido con outra nena do cole.

A afortunada foi LAURA da clase de 4 ANOS B. ¡NORABOA!






miércoles, 27 de octubre de 2010

Esta fin de semana celebramos a festa do SAMAÍN, ¡que medo!, nada deso, a nós encántannos as meigas, os monstros, as cabazas... Por iso aquí tedes un vídeo cunha canción de MAMÁ CABRA para ir ambientándonos estes días.




lunes, 11 de octubre de 2010

"MOCHILAS VIAXEIRAS"

Un curso máis poñemos en marcha o proxecto das "Mochilas Viaxeiras". Como sempre pedimos a vosa colaboración para que esta actividade se convirta en algo proveitoso e divertido para todos.
Como xa sabedes, levades a mochila os venres e tedes que devolvela, como moi tarde, o mércores seguinte. Nela van uns contos e unha peli para disfrutar durante todos eses días.
É importante que fagades esta actividade todos xuntos: pais, nais, irmáns e que tomedes conciencia do importante que é que coidedes moito o contenido do que vai na mochila.
Por último, non esquezades que tedes de que reflexar no caderno que vai dentro as vosas propostas e opinións sobre os contos e a peli, e tamén, se é posible, facer algún debuxo ou manualidade sobre o contido dalgún deles.
¡MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!


domingo, 26 de septiembre de 2010

CHEGOU O OUTONO

¡Que pena!, rematou o verán, o tempo de ir á praia e á piscina, de levar pantalón corto e estar todo o día na rúa, pero así podemos vir ao cole e xogar cos compañeiros e aprender moitas cousas novas.
Aquí está unha canción moi divertida para darlle a benvida ao OUTONO e disfrutar coas cousas bonitas que este nos trae.




martes, 7 de septiembre de 2010

miércoles, 23 de junio de 2010

E POR FIN, A MERENDOLA DO ÚLTIMO DÍA




Os penúltimo día de cole tivemos a sorte de ter a MAMÁ CABRA que nos ofreceu unha actuación moi divertida. Con eles cantamos, bailamos, rimos e pasámolo de marabilla





O xoves, 17 de maio, saímos de excursión ao Parque A CANUDA en Salvaterra do Miño.

Tivemos moito tempo de diversión e para disfrutar cos compis do cole. Aquí está unha mostra: