¡E POR FIN CHEGOU O GRAN DÍA!, o venres desfilamos lucindo os marabillosos disfraces que elaboramoas entre todos. O cole encheuse de personaxes de contos como carapuchiñas vermellas, meigas e magos, piratas, Alí Babás... e sobre todo, os máis guapos, os nenos e nenas de Ed. Infantil cos seus disfraces de OS TRES PORQUIÑOS, O SOLDADIÑO DE CHUMBO E BRANCANEVES E OS SETE ANANIÑOS. ¡Que ben o pasamos cantando, bailando e posando para as fotos que nos sacaron todos os que nos viñeron ver, MOITAS GRAZAS!.
¡Que ricos! , como saboreamos todos os postres típicos do entroido que nos trouxeron todos os "anaquiños de sol", coa axuda dos seus pais e nais. ¡MOITAS GRAZAS!