frases

domingo, 17 de abril de 2011

EXCURSIÓN A SALVATERRA

Para celebrar a chegada da Primavera, escollimos como saída do segundo trimestre unha visita, como todos os anos, ao Parque A Canuda de Salvaterra, onde o pasamos de marabilla, xogando toda a mañá e subindo a todos os columpios do parque.

RECUNCHO DON MOUCHO


Esta semana tivemos que facer o sorteo da pregunta de DON MOUCHO o xoves, xa que o venres tiñamos a excursión ao Parque A Canuda de Salvaterra.


Aquí vai a solución: na TERRA hai 5 océanos.






E o máis grande de todos é o OCÉANO PACÍFICO:





Estes son os gañadores desta semana:

<
HUGO (3 Anos B)
UXÍA (4 Anos B)
PAULA (5 Anos A)

domingo, 10 de abril de 2011


SOLUCIÓN PREGUNTA "DON MOUCHO"


Esta semana a pregunta de DON MOUCHO levounos ata ASIA, xa que nos preguntaba en que país do mundo está a cidade con máis habitantes.

A resposta é TOKIO, a capital de XAPÓN.






ESTES SON OS GAÑADORES DESTA SEMANA, ¡NORABOA! E A SEGUIR PARTICIPANDO.





IRATI (3 Anos A)



ANDREA (4 Anos A) GABRIEL (5 Anos B)

sábado, 9 de abril de 2011

Esta semana os nenos e nenas de Ed. Infantil de 5 anos fixeron unha visita á BIBLIOTECA e MUSEO MUNICIPAL de Ponteareas. Alí disfrutaron dun ratiño na súa sala de lectura, e desexando volver moi pronto cos seus pais e nais. Oxalá que desta visita saian moitos lectores no futuro.

domingo, 3 de abril de 2011



O venres despedimos a dous dos nosos "ANAQUIÑOS" que van coñecer outros amigos nos seus novos coles en Brasil e Holanda. Desexámoslles todos os nenos e nenas de Educación Infantil e as Mestras do Bouza Brey moita sorte e que oxalá veñan pronto a vernos.

¡UN BICO MOI GRANDE PARA AINOA E IRIS!

RECUNCHO "DON MOUCHO"

Esta semana "Don Moucho" preguntounos en que ano o home pisou por primeira vez A LÚA


A resposta é: O ANO 1969


Estes son os gañadores desta semana:

MATEO (3 ANOS B)

IRIS (4 ANOS B)

VALERIA (5 ANOS A)


sábado, 2 de abril de 2011

A PRIMAVERA CHEGOU AO BOUZA BREY


O noso cole vístese de PRIMAVERA grazas ao bonito mural que fixeron os nenos e nenas de 5 anos A