frases

viernes, 24 de abril de 2009

CONTINUAMOS....

buscando froitas, pero tamén hortalizas e vexetais, é sen querer atopamos a obra dun pintor italiano renacentista chamado Guiseppe Archimboldo. E pensaredes todos, que ten de particular para que nós desde infantil non lembremos del ? Pois a resposta é bastante sinxela. Archimboldo pinta caras humanas feitas con froitas, hortalizas e raíces. O conxunto é sorprendente e moi imaxinativo. Imos a prestarlle especial atención a 4 cadros que representan cada unha das estacións do ano, feitas coas colleitas e froitas de cada estación do ano: a primavera, o verán, o outono e o inverno.

A PRIMAVERA

O retrato da primavera recolle os elementos máis representativos desta estación do ano: as flores e o verde das distintas follas.

O VERÁN


Este retrato foi feito empregando a gran variedade de froitas e vexetais propios desta época do ano: as cereixas, ameixas, allos, berenxenas, alcachofas, trigo...

O OUTONO

Se algo e identificativo do outono son as uvas, as castañas e os cogomelos. Ollade atentamente o cadro e descubrirédelos.

O INVERNO
E para rematar o inverno por ser a estación máis extrema aparece representada por un cañoto, poucas follas e dous limóns.


jueves, 23 de abril de 2009

PARA CELEBRAR...

o día do libro que mellor que un par de consellos e un vídeo de Pocoyó.








miércoles, 22 de abril de 2009

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril é o DÍA DO LIBRO. Entre todas as clases de infantil fixemos un conto, que xa fomos colgando pouco a pouco no blog. Por fin, está rematado. Esperamos que valoredes todo o traballo que levamos para facelo. Chámase AVENTURA EN PONTEAREAS.


Ademais nun día tan importante, a gran protagonista é a biblioteca do noso cole. Se non a coñecedes, esta é unha boa oportunidade para coñecela. . Lembrade que a nosa biblioteca tamén ten blog que podedes visitar sempre que queirades.

Todos os debuxos que serven de decoración corresponden ás ilustracións que todos os nenos e nenas fixeron dos seus contos preferidos, que trouxeron ao cole a semana anterior. Non o fixeron nada mal, verdade?



martes, 21 de abril de 2009

HOXE TOCA FROITA

No noso cole temos un calendario de merendas. Hoxe martes todos os nenos e nenas tiñan que traer froita ao cole, coma todos os martes do ano. Para podelo comprobar o noso blog fixo unha visita por todas as clases que hai de infantil e atopou a seguinte macedonia. Esperamos que vos abra o apetito e aumente o consumo de froitas.
Moitas grazas a todos os papis e mamis que colaboran connosco.





Despois de merendar tan ben, merecían unha recompensa. Por iso, saímos ao recreo. Como todos xa sabedes o noso horario de recreo é de 11:10 a 11:45. A verdade, para todos os nenos e nenas é un dos mellores momentos da mañá.

domingo, 19 de abril de 2009

DíA DO LIBRO

Como xa todos sabedes, o día 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro. Escóllese este día porque coincide coas do falecemente de dous escritores universais: Miguel de Cervantes e William Shakespeare.
Miguel de Cervantes é universalmente coñecido pola súa obra Don Quijote de la Mancha.



William Shakespeare escribiu Romeo e Xulieta e tamén Hamlet.























E aínda que noutro día do mes de abril, nós ímonos a lembrar dun escritor moi importante de nenos coma foi Andersen. El escribiu contos como O soldaliño de chumbo, Polgariña, A raiña das neves.




Como se trata dunha conmemoración moi importante levamos uns días traballando nas clases en cousas que nos fan comprender e valorar a gran importancia que teñen os libros na nosa vida. Por iso, o pasado xoves, os nenos/as trouxeron o cole o seu conto preferido e contáronllo aos seus compañeiros. A continuación eles mesmos debuxaron esa portada do conto nun papel que agora atópase decorando o cole. Ademais algúns nenos tamén fixeron uns libros moi interesantes que lle van contar aos seus compañeiros. Permanecede atentos aos blogs de infantil e saberedes e veredes moitas cousas. De antemán, moitas grazas por colaborar.

viernes, 17 de abril de 2009

SEGUIMOS BUSCANDO FROITAS

Grazas á nosa amiga Uxía do blog sereas sen cadeas descubrimos a obra de Romero Britto, chea de tanto colorido. E sendo coma son, as froitas tan importantes, tamén el as fixo protagonistas en algunha das súas obras.




Posted by Picasa

jueves, 16 de abril de 2009

Posted by Picasa


E que mellor forma de empezar a traballar con alimentos de orixe vexetal que ver unha presentación de froitas.
Seguro que as coñecedes todas.





E vistas as fotos intentamos buscar as froitas no seguinte vídeo.



E remexendo, remexendo detrás dos rectángulos hai escondida unha froita. Sabedes de cal se trata? Pensa, pensa, que moiiiiiiiiiiiii fácil !!!!!

martes, 14 de abril de 2009

miércoles, 1 de abril de 2009