frases

domingo, 27 de diciembre de 2009


¡BO NADAL E FELIZ ANO 2010!

¡XA CHEGOU O INVERNO!
Antes das vacacións os nenos e nenas de Educación Infantil e as súas familias axudáronnos a adornar o noso cole con motivos de NADAL que quedaron de maravilla.

domingo, 13 de diciembre de 2009

A AVENTURA DE "INDIANA BILL"

Aquí está unha mostra do ben que o pasamos na excursión a Indiana Bill


domingo, 6 de diciembre de 2009

domingo, 8 de noviembre de 2009

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Mirade que maravillosas obras de arte fixeron os nosos nenos-as para celebrar o SAMAÍN.
¡Moitas grazas pola vosa colaboración!

lunes, 2 de noviembre de 2009

O venres, día 30, celebramos a festa do MAGOSTO, mirade que ben o pasamos todos xuntos comendo castañas e bailando.


miércoles, 23 de septiembre de 2009

Imos descubrir as cores do Outono: amarelo, vermello, marrón, laranxa, verde coa maravillosa música de Vivaldi


miércoles, 2 de septiembre de 2009

lunes, 22 de junio de 2009

 
Posted by Picasa

O remate do curso escolar en infantil celebrámolo ao grande e por iso comezou o venres, coa visita do mago e rematou o luns cunha gran merenda. Todos o pasamos pipa.


lunes, 8 de junio de 2009

REMATE DO FESTIVAL DE TEATRO




O venres foron ao teatro os nenos e nenas de 4 anos. As obras representadas foron O Lobishome e a Outra historia de Carapuchiña Vermella. Pasámolo moi ben.

jueves, 4 de junio de 2009

2º XORNADA DE TEATRO




Seguindo o programa do festival hoxe tocoulle o turno aos alumnos de 5 anos. As obras representadas foron O lobishome e A Princesa de Pontekistán e a mazá de ouro. Parabéns aos actores de 3ºB e 6ºB porque o fixeron moi ben. Un forte aplauso para todos.

POR FIN...

chegou o gran día. Aínda que cansos pasámolo moi ben e coñecemos moitos animais.







Agora toca mirar con atención e poñerlle nome a todos os animais. Ánimo familia, que entre todos podedes.

miércoles, 3 de junio de 2009

SEMANA DO TEATRO

No noso cole non se para de traballar. Rematado o traballo do mural agora toca de disfrutar aos anacos de sol coas obras de teatro que teñen preparadas o alumnado de primaria. Como todo festival de teatro que se precie, e o noso non ía ser menos, fíxose un cartel que anuncia as distintas obras que se van a representar.

Hoxe foron os nenos e nenas de 3 anos A e B e tamén a aula mixta.
As fotos corresponden á obra Loitemos para salvar o mar representada polos alumnos de 1ºD.



 
Posted by Picasa

SEMANA DA PINTURA

Como xa todos sabedes, na última semana do mes de maio, o alumnado de Educación Infantil estivo colaborando en pintar distintos elementos do mural: as montañas e as ondas do mar. Parecía unha misión case imposible, pero ao remate da semana pasada quedamos todos moi satisfeitos. Agora xa é traballo da profe Saínza (autora do debuxo) e dos maiores e os seus profes. Aos anacos de sol so nos queda esperar a que rematen e a presumir de ter feito entre todos un bo traballo. Non vos parece??

lunes, 25 de mayo de 2009

domingo, 24 de mayo de 2009

TRABALLAMOS AO GRANDE


Todo o alumnado do cole está traballando en equipo na elaboración dun gran mural que adorne a parede de entrada do cole. Como non podía ser menos, os anacos de sol tamén están a colaborar neste traballo. O venres pola mañá comezaron os de 5 anos B e despois foron os de 3 anos B.
Para facer este traballo necesitamos:
1. Pintura bastante.
2. Un bo pincel.
3. Moita paciencia.

Isto so acaba de empezar.